Este sábado, celebrouse en Pontesampaio a 3ª Regata de Infantiles e Alevines da tempada 2012; na que o clube participou con 13 palistas, acadando 2 medallas, cifra que se podría dobrar se non houbese certos incidentes.
A primeira medalla acadaríaa Vanessa de Jorge en K1 Alevin A, onde podría haber estado acompañada no podio por Sabela Suárez, a quen xiraron e finalizou na séptima posición. En damas Infantil B, as dúas integrantes do clube: Anabel Oubiña e Antía Santiago, finalizaron as duas ás portas do podio, rematando en cuarta e quinta posición, respectivamente. Nembargante, sería na canoa Infantil B, onde sí se conseguiría a medalla de bronce con David Mochales. Por último, mencionar a carreira do Infantil A, David Garcia, quen se mantivo en cabeza ata que uns problemas con outros palistas, xiros e outros percances, acabaron por rezagalo ata a 18ª posición, que seguiu cunha gran remontada ca que finalizou na 5ª posición.
A nivel de clubes, acadamos a octava posición, nunha competición que lideraría o Club Cofradía de Pescadores de Portonovo.

Este fin de semana celebrouse na pista de Verducido, o Campionato Galego para embarcacións individuais; para a cal o clube desplazaría 17 palistas: 8 cadetes, 5 juveniles, 2 senior e 2 veteranos; estes últimos competirían nun campionato diferente. O sábado disputaríanse as carreiras das categorías masculinas nas novas distancias olímpicas: 1000 e 200, e o domingo pola maña competiron as damas e todalas categorías de veteranos. 






