A Arousa acolle a IV Regata Provincial para os piragüistas máis peques

Esta mañá disputouse a IV Regata Provincial para Alevíns e Benxamíns, organizado polo Club de Piragüismo Illa de Arousa, e celebrado na praia do Bao.

Máis de 500 mozos e mozas piragüistas se concentraron na praia do Bao para disputar esta regata, e a nivel individual, os mellores resultados dos piraguistas do clube foron para Lucia Tenreiro, en sexta posición no K1 Benxamín, Eloy Cañón, tamén sexta en K1 Alevín B, e Rocio Paz, novena en K1 Alevín A.

Os pequenos esforzos dos máis peques do clube deron os seus frutos cun bo resultado a nivel de clubes, cun lixeiro sabor amargo xa que nos quedamos ás portas do podio, nunha cuarta posición, nunha regata liderada polo Club de Piragüismo Pontecesures, O Muió de Ribadumia e o Club As Torres de Catoira, nas tres primeiras posicións.

Go Back

Comment

Create a Free Website at Jigsy.com.  (Report Abuse)