David Mochales e Yerai García, séptimos de Europa en Pontevedra 16

Este pasado venres foi o turno de que David Mochales e Yerai García inaugurasen a súa carreira na selección española de piraguismo, e esta foi no Campionato de Europa de Maratón celebrado en Pontevedra.

Cunha distancia de 19 quilómetros que percorrer no C2 Junior, os dous canoístas arousáns obtiveron un séptimo posto na súa primeira cita internacional, nunha carreira liderada polos portugueses Ricardo Coelho e Duarte Silva.

Respecto ao Campionato de Europa absoluto, a selección española liderou o medalleiro europeo cun ouro de Tono Campos no C1, o palista meco repetía outro con Jose Manuel Sánchez no C2, seguido da prata do arousán Ramón Ferro co seu compañeiro pontevedrés Óscar Graña. O medalleiro completouse co ouro do K2 formado polos tudenses Iván Alonso e Diego Piña, seguidos dos asturianos Miguel Llorens e Luis Pérez, coa medalla de plata. O medalleiro español pechouse coa prata do zamorano Emilio Merchán en K1 e o bronce da local Raquel Rodríguez en C1.

Go Back

Comment

Create a Free Website at Jigsy.com.  (Report Abuse)