O equipo de veteráns volve con 8 metais do Campionato Galego de Pista

Este sábado tivo lugar o Campionato Galego de Pista para veteranos, Verducido, onde o clube levou a 5 participantes (catro canoístas e un kaiakista).

A primeira da morea de medallas veu da man de Juan Manuel Vieites, que foi bronce nos 1000 no C1 35-39. A seguinte medalla, tamén de bronce, veu da man de Arturo Paz, en 1000 metros no C1 50-54. A seguinte medalla foi a prata conseguida polo canoísta Juan José Rguez. Pol no K1 60-64.

O C4 de Juan Manuel Vieites, Arturo Paz, Julio Cesar Agra e Ramón García acadou tamén unha medalla de bronce nos 1000 metros.

Da mesma fora que nos 1000 m. Vieites acadou o bronce no C1 200. Non obstante foi no 200 metros no que Julio Agra mellorou a súa posición e a cadou unha medalla de prata no C1 40-44. Posición que tamén mellorou Arturo Paz, acadando tamén o mesmo metal no C1 200 50-54. Polo seu lado, sobre os 200 m., Rodríguez Pol revalidou a prata que conseguira nos 1000 metros.

A nivel de clubes, o club acadou a sexta posición neste Campionato Galego.

Go Back

Comment

Create a Free Website at Jigsy.com.  (Report Abuse)