Sábado, 27 de Novembro de 2010
O piragüismo é un deporte no que Galicia conta cunha multitude de campións, pero este feito e ignorado por unha grandísima maioría da poboación nacional. Existen casos nos que a xente confunde o piragüismo con algún outro deporte acuático: coma o remo
Miguel Suárez. A Illa de Arousa
¿Que é o piragüismo?
O piragüismo é un deporte acuático, eso sí que é un dato coñecido; sen mergullarme en expoñer as diferentes reglas da competición oficial, expoñerei diferentes características de este deporte para que sí exista certa visión del. A embarcación na que se practica o piragüismo son barcos longos e moi estreitos, cun peso moi lixeiro, habitualmente entre 8 e 12 quilos para os monoplaza. Unha das principales características é a existencia de dous tipos de embarcación: o kayak e a canoa. No primeiro, o practicante vai sentado e a pala consta de duas follas, unha en cada extremo; na canoa o deportista está axeonllado, a pala solo ten unha e únicamente se rema por un lado da canoa; hasta fai uns poucos anos, a canoa era exlusiva para os homes, xa que nun principio creíase que esta postura era perxudicial para o sistema reproductor feminino, pero últimamente sí se practica pero en pouca cantidade de practicantes. Nos dous tipos de embarcacións existen piraguas monoplaza, biplaza e de catro plazas.
O piragüismo comprende varias modalidades: Augas
Tranquilas, Augas Bravas, Kayak de mar e Kayak-polo. A primeira
modalidade supón a máis importante e con máis competencia sobre a
que me extenderei en profundidade máis adiante. As Augas Bravas
principalmente representan ó slalom, nesta clase a
competición se realiza en curtos canais, con continuos rápidos nos
que o deportista ten que baixar cambiando continuamente pasando por
esquerda e dereita, ó igual que en tódolos deportes de slalom.
O Kayak de mar é unha embarcación moi ancha e estabel no que as
distancias son increiblemente longas, o circuíto consta de varíos
días en finalizalo; esta práctica practícase principalmente por
ocio, pero tamén existen competicións. O idea principal do
Kayak-Polo supón unha mezcla entre piragüismo e water-polo. Por
último existen outras modalidades máis inusuais como son o kayak
extremo ou o freestyle: no primeiro practícase principalmente en
baixadas de cascadas, algunhas casi verticais que incluso pode ter
risco de vida, o segundo faise en puntos clave do río no que as
correntes e rápidos crúzanse entre eles no que o piragüista
realiza saltos mortais, tirabuzóns, e outros movementos acrobáticos
no kayak.
Céntrome con máis profundidade na modalidade Augas Traquilas, neste estilo é na que máis competicións se realizan e asemade é na que existe maior competencia; ésta divídese en varias submodalidades:
A pista é un tipo de piragüismo que se caracteriza por tres distancias en liña recta: un quilómetro, 500 metros e 200 metros, sendo esta última na que a explosividade e velocidade punta son primordiales para o seu desempeño; este tipo de carreira realizase nun campo de nove calles, co cal un non se pode cruzar con outro a diferencia de calquer outra modalidade, xa que o número de competidores é limite, débense facer varias carreiras clasificatorias previamente: eliminatoria e semifinais. As embarcacións oficiais son o K1, K2 e K4 (letra C no caso da canoa); na pista prima por riba de todo a velocidade fronte á resistencia, ésta é a clase de modo que se realiza nos Xogos Olímpicos.
Despois está o marathon,
as distancias longas, éstas son carreiras de distancias de 20 km.,
25 km. e 30 km. A dureza desta modalidade é o carácter xeral, tendo
que recorrer semellantes distancias; a esto se lle suma a realización
de porteos, en tres ou cuatro ocasións na carreira, o palista debe
desprazarse á orilla e recorrer unos 200 metros cargando ca
embarcación. A esta modalidad podría chamárselle biatlón. Neste
caso só se compite en piraguas indiviais e dobles.
Despois no ámbito galego, nacional e internacional, estan outras modalidades como son as travesías ou os descensos de ríos. Adoitan ser regatas de larga distancia, as travesías realizanse en mar ou en río con augas tranquilas, neste tipo de probas, o territorio galego conta cunha importante competición: O Trofeo Príncipe de Asturias, unha carreira de ámbito internacional; o 2010 supuxo a XXXIII edición nesta competición que supón introducirse na ría, dende Portonovo a Pontevedra No caso dos descensos, existen certas dificultades; non existe un risco tan grande como o kayak extremo, pero hai en algunhas ocasións, como no Descenso do Río Eume, no que non chegan a meta nin a metade nas piraguas que deron a saída, non por problema dos deportistas, senon polo destrozo ou deterioro que sufren na baixada as propias piraguas.

O nivel de Galicia e España no piragüismo
Nomes como Ramos Misioné, Fredi Bea, David Mascato, Carlos Pérez, Teresa Portela, Sonia Molanes, David Cal, Alvaro Fiuza, Ramón Ferro e Óscar Graña son pouquísimos nomes para o esaxerado número de grandes palistas galegos.
No ámbito estatal, Galicia representa a maior potencia neste deporte a nível autonómico, e en conxunto supon unha gran forza mundial. O gran primeiro éxito para España sería nos Xogos Olímpicos de Montreal no 1976: o piragüista lucense Luís Gregorio Ramos Misioné conseguiu a medalla de prata en K4 1000 metros; acadou este triunfo xunta asturiana Herminio Menéndez, o catalán J. María Esteban Celorrio e o ceutí Lopez Díaz-Flor. Nas seguintes Olimpíadas, Moscú 1980, España acadaría unha medalla máis ca anterior cita olímpica: o propio Misioné sería bronce no quilometro en K2, xunto a Menéndez; éste último acadaría a outra medalla nacional co leonés del Riego Gordón na outra distancia olímpica: os 500 metros. Catro anos despois, en Los Angeles, o protagonismo vería da man da outra embarcación: a canoa; nesta ocasión estaría outro galego, o tudense Enrique Míguez e o vallisoletano Narciso Suárez obterían a medalla de plata no medio quilómetro.
Despois desta boa época, non habría ningunha
medalla olímpica en vinte anos. En Atenas 2004, chegarían dúas
medallas olímpicas, ambas para o mesmo home, el é o canoísta
cangués David Cal. Unha das dúas sería un ouro, sendo ésta a
primeira vez na historia na que un palista español se proclamara o
mellor do Mundo; este gran éxito estaría acompañado dunha medalla
de ouro na distancia de 500 metros. Pasan catro anos, os Xogos
Olímpicos celebranse ó gran oriental: China, sendo Pekín a súa
sede. Estos últimos Xogos representarían os mellores para o
piragüismo español en toda a historia, acadando tres medallas: O
especialista en distancias cortas: o kayakista cangués Carlos Pérez
“Perucho”, campión Mundial e Europeo en 200 metros, competiría
co catalán Saúl Craviotto na distancia curta olímpica, os 500
metros, e proclamaríanse campións, esta victoria representaría o
primer ouro no kayak. As outras dúas virían de man de David Cal,
conseguindo de novo dúas medallas, nesta ocasión serían duas
platas; grazas a esto, Cal convírtese no deportista español con
máis medallas olímpicas españolas na historia con Joan Llaneras.
Sen concretarnos nestes individuos, para centrarnos nun plano máis xeral, dos últimos sete palistas olímpicos que levou a selección española: catro eran galegos.
Cambiamos agora á outra gran modalidade: o marathon. Esta é a modalide na que España é unha gran especialista, pero o propio termo “especialista” quédase moi curto, xa que nas últimas dez edición do Campionato do Mundo, España foi campiona en nove ocasións. Con esta afirmación, a pregunta que nos facemos nun Mundial, non é se España vencerá, senon se algún país conseguirá gañarlle. Poñemos por exemplo, o caso máis cercano, o ICF Campionato do Mundo de Marthon no 2010 que se celebrou na casa, en Bañolas (Xerona); España conseguiu nove chapas: tres ouros, cinco platas e un bronce, para especificar no ámbito galego, cinco representan as medallas de galegos.
De seguido comezamos cunha entrevista a Ramón Ferro, un canoísta de A Illa de Arousa que practica o piragüismo dende fai vinte anos. Ferro ó longo da súa carreira deportiva foi crecendo e acadando grandes resultados a nivel nacional. A súa especialidade é o marathon, e xunta co seu compañeiro pontevedrés: Óscar Graña, convertíuse no C2 español para as competicións nacionais. Esta parella, no 2006 proclamáronse subcampións do Mundo en Trémolat (Francia), os seguintes anos revalidou duas veces este título e conseguiu proclamarse campión de Europa nunha ocasión. Finalmente, este ano, con 32 anos, sendo España a sede, na localidade catalana de Bañolas, Ramón Ferro e Óscar Graña proclamanse campións do Mundo de marathon. Victorias extraordinarias para un home ó que é practicamente descoñecido e que ten que compaxinar o deporte de alto nível co traballo no mar.
Miguel Suárez: ¿Cando
foi o momento no que dixeches: “Este é o meu deporte”?
Ramón Ferro: Eu compaxinaba baloncesto e piragüismo, e a verdade é que practicando baloncesto tiña problemas cos xeonllos, así que deixin o primeiro e decidinme centrarme só no piraguismo.
M.S: ¿Houbo algún momento na tua carreira deportiva na que pensaches en deixar de competir a alto nível?
R.F: Sí, foi cando tiña 19 anos, ó regresar da “mili” estiven medio ano sen facer nada, pero o meu tempo libre estaba ahí, asi que decidín seguir entrenando.
M.S: Este septembro, finalmente conseguiches aquelo
polo que levabas loitando tantos anos. ¿Podrías describir en
palabras cal foi a sensación que tiveches no momento en que
chegaches á meta?
R.F: A sensación de chegar a meta foi algo extraña, pois foi dunha gran euforia e emoción, por fin o conseguimos despois de moitos anos loitando.
M.S: ¿Cales son as tuas intencións futuras agora
que chegaches o máis alto?
R.F: En un principio a miña intención é seguir remando un ano máis e conseguir revalidar o campionato, pero se non o conseguimos, a verdade é que non sería ningún problema xa que todo o que desexaba xa está conseguido.
M.S: Valora o trato das institución públicas no
piragüismo (principalmente no teu concello).
R.F: Cas institución estou contento coa Xunta e coa Deputacion de Pontevedra, pois sempre me apoiaron; pero pola contra, o apoio que me dan no concello é mínimo ou nulo: o señor alcade a día de hoxe aínda non me felicitou.
Palabras que demostran un claro exemplo do abandono da institución máis cercana a un deportista que acadou o máis alto posible na súa labor.
Este deporte nos medios de comunicación
¿Por qué a xente non
coñece sobre este deporte? ¿Son os medios o principal factor?
Verdaderamente sí pode ser o principal razón, ademáis, respecto as
institucións, o problema non é simplemente a escasa axuda económica
que poida ter, senon o recibimento por parte dos membros destes
organismos cando os deportistas veñen de demostrar que España ten
gran calidade nese deporte.
É incuestionable que nos medios de comunicación xeral o fútbol é o deporte de maior difusión con grandísima diferencia, despois están uns poucos deportes que suben e baixan no nível de difusión en medida da carrerira dos seus deportistas, algúns exemplos serían Rafa Nadal en tenis, Pedrosa e Lorenzo en Motociclismo e Fernando Alonso en Formula 1.
O profesor e sociólogo Manuel Eduardo González Ramallal fixo un estudo no que analizou a difusión deportiva nos diferentes medios de comunicación en España. Finalmente, demóstrase a esaxerada difusión do fútbol, tendo un 70'3% no total dos tres principais medios; aínda máis excesivo é o caso da televisión, no que o fútbol ten un 84'6%. Excluíndo os dez deportes con maior difusión, o resto supón un 5'5%, e no caso da televisión, que demostra máis desigualdades, ese resto significa un mísero 0'6%. A conclusión que sacamos de esta análise é que o piragüismo non representa ese resto, senon que é compartido con deceas de deportes.
Nembarte, expoñerei unha
boa noticia nesta cuestión: a Xunta aprobou un programa na TVG sobre
o piragüismo dende abril ata septembro, que són os meses máis
importantes na Liga Galega e Nacional, así coma outras competicións
internacionais. Parece que por fin sí teremos algo de voz hacia certo público, aínda que este sexa reducido.