Este fin de semana celebrouse na pista de Verducido, o Campionato Galego para embarcacións individuais; para a cal o clube desplazaría 17 palistas: 8 cadetes, 5 juveniles, 2 senior e 2 veteranos; estes últimos competirían nun campionato diferente. O sábado disputaríanse as carreiras das categorías masculinas nas novas distancias olímpicas: 1000 e 200, e o domingo pola maña competiron as damas e todalas categorías de veteranos.
A mañá do sabado estaría dedicada os 1000, distancia na cal tódolos nosos palistas chegarían ás finales, entre os cales Sergio Rguez. Patón conseguiu a medalla de bronce en C1 Cadete, proba na que Joel Oubiña entraría xusto por detrás do seu compañeiro, dentro do mesmo segundo, conseguindo a cuarta posición. Pola tarde disputaríanse as carreiras de 200 metros, proba na que non todos se clasificarían ás finales e as posicións finais serían inferiores.
O domingo as damas realizarían as súas respectivas distancias: 500 e 200. Nesta ocasión o resultado foi o contrario que nas categorías masculinas, xa que no 200 todas entraron nas finales, e non foi así no 500. En ámbalas dúas distancias, Lidia Bayón conseguiría chegar á 1ª final, repetindo a quinta posición. Esta maña tamén se celebraría o Campionato de Veteranos, no que competirían Genaro Dios e tamén o noso entrenador, Arturo Paz.
Os resultados a nivel de clubes presentaranse tras disputar o Campionato Galego de embarcacións de equipo, que complementará a esta competición.
