A victoria do Umia resístese

Posted June 6, 2011

Este domingo 5 celebrouse a XVII Baixada o Umia, este ano, 16 foron os participantes do clube nesta cita pertencente ó Grupo 2 da Copa Galega de Ríos e Travesías; nesta edición conseguiríamos exáctamente as mesmas medallas que na pasada: Cinco, dous ouros e tres bronces. Xoel Oubiña venceu sen demasiada complicación en C1 cadete, xa que, o segundo clasificado entrou na meta un minuto máis tarde que el, de feito a súa victoria foi tal, que venceu a tódolos xuvenís. O outro ouro sería para Ángel Fdez., canoísta xuvenil. Finalmente os 3 bronces foron para Carlos Agra en C1 senior, e para os dous cadetes kayakistas: Jacinto Suárez e Zaira Nine, masculino e feminino, respectivamente. Finalmente estas repetidas 5 medallas nin sequera nos colocarían en segunda posición, como fora o ano pasado, se no que finalizaríamos cuartos, nunha baixada na que gañaría a Escuela de Piragüista Ciudad de Pontevedra.

Comments

Os mil metros e unha distancia moi divertida e emocionante. Sempre a comparei co 1.500 no atletismo. Ver eses finais axustados onde os barcos empezan a progresar nos últimos 250 é espectacular. Parabéns a todos.

Displaying 1 comment

Add comment

powered by jigsy