Este primeiro sábado de xuño, o Club Piragüismo Illa de Arousa, organizamos a primeira regata de piragüismo dende o ano 2002, esta competición sería a 4º regata da XVI Copa Galega de Promoción. O escenarió do evento sería a praia de O Bao, onde se concentrarían 34 clubes e 352 palistas. Nesta ocasión o clube participaría cunha modesta participación de 8 palistas, debido á menor número de palistas infantís que temos os últimos anos, entre eles, cabe destacar a actuación de Anabel Oubiña Allo, irmá pequena do senior Luís Oubiña, demostrou que ten os seus xenes conseguindo a medalla de bronce na categoría alevín.
A competición remataría sobre as 8 da tarde, e finalmente, a victoria sería para o club Naútico Pontecesures, seguido do Firrete e Poio.